Entradas

Benvida primavera

Imagen
Comezamos unha nova estación e con ela un microproxecto sobre a natureza! Traballamos con xogos matemáticos, plantamos, fixemos murais libres e cooperativos, compoñemos palabras de animais, fixemos experimentos con flores e auga para ver como abren os seus pétalos, entre outras moitas actividades.  

Saída a Afundación🎭

Imagen
 Boa tarde!! Hoxe pasámolo xenial! Fomos a Afundación, en Pontevedra, a ver a obra de teatro “O pingüín”. Rimos moito!  Despois merendamos no parque de Campolongo e xogamos un pouquiño. Á volta continuamos a xogar no noso patio desfrutando do bo tempo.

Chega a primavera! (Inf A)

Imagen
 Boa tarde, familias! Chegou a primavera á nosa aula, e aquí tedes algunhas das cousas que estivemos a facer estes días: Inauguramos a proposta semanal de “Petiscos artísticos”, presentando unha obra de arte relacionada coa temática a traballar, coa que aprenderemos a observar e describir diferentes cadros. Esta semana tocou “Girasoles”, de Van Gogh. Tamén nos convertemos en pintores e pintoras, recreando con acuarelas os ramos tan bonitos que trouxestes. Fixámonos las formas das flores, as súas cores… e elaboramos os medallóns de primavera empregando masa de modelar e flores. Ademais, estivemos decorando unha ilustración de Luis Davila empregando a técnica do rasgado de papel. Tedes que vela na nosa biblioteca! Fixémolo tan ben que dende o equipo de biblioteca déronnos un premio! Un libro para pintar mandalas que xa gardamos na nosa maleta da calma, na nosa aula.  E para rematar ben a semana xogamos no patio coas bandexas sensoriais! Puidemos experimentsr, inventar, ulir, trasvasar… c

Aniversarios marzo

Imagen
 Noraboa Israa e Óliver!

Fin de trimestre!🎊

Imagen
Boa tarde! Para rematar este trimestre e finalizar o noso proxecto participamos na provocación coa temática espacial na aula sensorial. Xogamos con materiais fluorescentes e a luz negra e pasámolo xenial!

Visítanos a familia de Nicolás 📖

Imagen
 Ola!  O pasado xoves tivemos unha visita especial na aula, a familia de Nicolás veu a pasar un ratiño con nós e leunos un conto moi chulo!