Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

Graduación 6º EI 🎓

Imagen
 A pasada semana festexamos a graduación de 6º de EP e mais EI. Foi un momento moi especial para pechar con agarimo unha etapa e iniciar outra con moitas ganas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

Propostas veraniegas en 4º EI

Imagen
Boa tarde, familias!! Estes días introducimos novas propostas na aula relacionadas coa estación que está a piques de chegar: o verán. …Identificamos o intruso con diferentes imaxes para descubrir que obxecto non pertence ao verán, reproducimos modelos de xeados, enchemos os ocos dunha balea coas formas xeométricas, ordenamos a baralla numérica de animais mariños, asociamos debuxos coas súas sombras, xogamos ao lince, contamos e colocamos a pinza no número correspondente, xuntamos as metades dos peixes asociando grafía-cantidade, colocamos cada peixe no seu acuario en función da cantidade e… o máis divertido de todo: fixemos xeados na mesa sensorial!!! Que pouquiño queda para rematar o curso e como estamos a gozar estes últimos días!!!