Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Proxecto universo

Imagen
 Cada día aprendemos máis sobre o universo: o big ban, as galaxias, as estrelas e constelacións… Creamos un espazo na aula con material propio coma unha nave, traxe de astronauta, etc.

Lectura con familias!

Imagen
 Bo día familias! Moitas grazas pola participación da nai de Edgar. Hoxe contounos dous contos sobre o universo, foi un pracer e gustounos moito esta sorpresa! 

Día de Rosalía de Castro ( inf B)

Imagen
 Aprendemos o poema Parece unha rosa, fixemos un mural e escribímolo e pintamos rosas e o rostro de Rosalía. Tamén pegamos as súas flores preferidas no seu pelo!

Taller de filloas

Imagen
 As aulas de infantil xuntáronse na aula de plástica para facer filloas coa profe Belén, foi todo un éxito!

Provocación entroido (infantil B)

Imagen
 Para rematar o entroido xogamos con elementos propios coma confeti, globos, serpentinas…pasámolo xenial!

Provocación de Entroido (Inf A)

Imagen
 Boa tarde, familias! Para despedir o Entroido 2024 participamos nunha proposta de xogo moi divertida xunto aos nenos e nenas da outra aula de infantil, unha provocación coa temática do Entroido onde tiñamos: máscaras, confeti, serpentinas… Xogamos, creamos, inventamos, compartimos… pasámolo xenial!

Entroido 2024 infantil B

Imagen
 

Semana de Entroido! 🎭(Inf A)

Imagen
 Boa tarde, familias! Esta semana pasámolo xenial realizando o “Lameiriño”. Viñemos en pixama coas nosas mellores galas, trouxemos zapatos diferentes, a roupa do revés… O xoves levamos disfrace libre, e participamos no concurso da escola desfilando pola alfombra vermella! E hoxe puxemos os nosos disfraces do río Lameira, xunto coa coroa, e desfilamos polo pavillón. Despois degustamos os postres de Entroido que as familias trouxestes e que estaban deliciosos! Ademais, antes de rematar desvelamos quenes foron os gañadores e gañadoras do concurso de disfraces e repartimos os premios. Moitísimos parabéns aos nosos compis Sabela, Axel e Aldán, e moitas grazas familias por participar. Que teñades moi bo Entroido!!

Últimas semanas en infantil A

Imagen
 Boa tarde familias, Temos moito que ensinarvos destes días! No mes de xaneiro celebramos os aniversarios de Nicolás e mais Enzo, que cumpriron 5 anos. Querémosvos, compis!🧡 Tamén realizamos unha xornada de convivencia coas nenas e nenos da EEI O Grupo, e xogamos no patio, na aula sensorial e mais en psicomotricidade. Continuamos a investigar sobre o universo, en especial sobre a nosa galaxia. Limos contos e libros que trouxeron os compis, e no recanto de arte elaboramos as nosas galaxias ben coloridas. Na mesa sensorial buscamos os planetas do sistema solar e colocámolos por orde na plantilla. Tamén visitamos a aula sensorial, e xogamos coa luz no retroproxector con materiais translúcidos, buscamosas miniaturas das  folerpas na mesa sensorial e fixemos parellas axudándonos coa lupa, e experimentamos coa cor empregando auga tinguida e escuma de afeitar. Que ben o pasamos! No día da paz, baixo o lema “Navegando pola paz” pegamos os nosos peixes nos que escribimos palabras que axudan a