Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Aniversarios de marzo

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario de Matilda, que xa cumpliu 6 anos! Moitísimos parabéns compi, querémoste!! 

Visitamos unha exposición de arte

Imagen
 Boa tarde familias!  Esta semana visitamos a exposición de arte “Vexo, vexo! Que ves?” en Pontevedra. Descubrimos varias obras e achegámos a arte a través delas. Despois, fixemos un pequeno obradoiro no que pintamos e debuxamos insectos  e flores partindo dun dos cadros que observamos. Tamén puidemos xogar cuns robots moi chulos! Por último, merendamos nun parque próximo e xogamos un pouco. Apertas!

Actividades na aula sensorial

 Ola familias! Hai uns días a profe Ruth levounos á aula sensorial para facer uns xogos chulísimos relacionados cos pingüíns, onde tiñamos que facer parellas, buscar pezas de puzles e montalos, facer uns labirintos… Aquí tedes unha ligazón con algunhas fotiños:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/2740   Saúdos!!

“A muller da miña vida”🤍

Imagen
 Para conmemorar o Día da Muller, fixemos un móbil no que debuxamos a unha das mulleres máis importante para nós e despois escribimos tres características desa persoa que a fan tan especial.  Logo ensinamos as creacións e explicamos por qué é tan importante. Algunhas das respostas foron: “porque me cuida”, “porque me leva de paseo”, “dame moitos bicos e apertas”…

Celebramos o día de Rosalía 🌹

Imagen
 Hai uns días apareceu na nosa aula unha imaxe de Rosalía de Castro. Estivemos indagando quen podería ser, e algunhas compis da aula contáronnos de quen se trataba. Falamos sobre a súa vida e limos algúns dos seus poemas, entre eles , “Parece unha rosa”. Despois fixemos unhas rosas que puxemos no corredor para decoralo.

Visitamos o museo Massó

Imagen
 Ola familias!  O pasado martes visitamos o museo Massó. Aquí vos deixamos un vídeo sobre o que fixemos e o ben que o pasamos. Apertas!