Entradas

Primavera e corpo humano en Infantil A

Imagen
 Boa tarde, familias! Nestas últimas semanas estivemos rematando o noso microproxecto sobre a primavera. Lembramos as estacións e por qué se producen empregando o globo terráqueo.  Coas flores que as nenas e nenos trouxeron observamos as partes que as compoñen e mais os seus nomes.  Tamén fixemos algunhas actividades, como: compoñer un puzle coa imaxe dun tulipán, sumar, elaborar unha flor con filtros de café coa profe Belén, descompoñer números coas “margaridas sumadoras” empregando tapóns, e seguimos avanzando na lectoescritura con diversas propostas partindo do nivel no que se atopa cada nena e neno.  Buscamos e asociamos a inicial de cada imaxe onde corresponde, compoñemos palabras con letras móbiles… Coa celebración dos maios tamén quixemos axudar e estivemos quitando os talos ás flores, para posteriormente facer os colares. Traballamos moito a motricidade fina! Ademais, comezamos o proxecto deste terceiro trimestre: o corpo humano. Estivemos expoñendo a información que trouxemos

Aniversarios de Abril (Inf A)

Imagen
 A pasada semana celebramos o aniversario de Lola, que xa cumpliu 6 anos! Moitos parabéns, querémoste!!!🧡

Día do libro

Imagen
 Hoxe conmemoramos o día do libro mediante un apadriñamento lector coa clase de 6 de primaria, foi todo un éxito!

Día do libro 📖

Imagen
 Boa tarde! Onte, para conmemorar o día do libro decidimos “levar” a biblioteca ao exterior e fixemos lecturas compartidas entre aulas. A nós (infantil A) tocounos con 3º de primaria. Por parellas léronnos contos e despois realizamos debuxos sobre eles. Que ben o pasamos!

O corpo (infantil B)

Imagen
 Comezamos tamén a petición do alumnado un microproxecto sobre o corpo e para iso decidimos iniciarnos no coñecemento dos 5 sentidos! Coñecemos un novo espazo para traballar o oído: a radio!!

Benvida primavera

Imagen
Comezamos unha nova estación e con ela un microproxecto sobre a natureza! Traballamos con xogos matemáticos, plantamos, fixemos murais libres e cooperativos, compoñemos palabras de animais, fixemos experimentos con flores e auga para ver como abren os seus pétalos, entre outras moitas actividades.  

Saída a Afundación🎭

Imagen
 Boa tarde!! Hoxe pasámolo xenial! Fomos a Afundación, en Pontevedra, a ver a obra de teatro “O pingüín”. Rimos moito!  Despois merendamos no parque de Campolongo e xogamos un pouquiño. Á volta continuamos a xogar no noso patio desfrutando do bo tempo.