Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

O samaín chega ás nosas aulas…

Imagen
 Boa tarde familias! Velaquí vos deixamos algunhas das propostas que realizamos esta semana: vidreiras de medo, series terroríficas, debuxos con personaxes inventadas de samaín (aos que lles creamos nomes)…  Tamén realizamos un obradoiro de consumo responsable sobre os desfraces de samaín, comprendendo a importancia de reciclar e reutilizar, e mais identificar se son seguros ou non mediante as etiquetas.  Ademais visitounos a nai de Ivó estes días, e os dous contáronnos un contiño moi chulo! 

Aniversarios outubro

Imagen
 Boas tardes familias, este mes só tivemos un aniversario e celebrámolo como podedes ver: 

Outono en infantil A

Imagen
 Boa tarde familias! Aquí vos deixamos unhas fotiños dalgunhas cousas que fixemos estas semanas:  creamos follas con masa de modelar e aprendimos o nome deste material! (ao principio custounos un pouquiño e saíanos chamarlle “arcilla”, “ardilla”, “morcilla”… pero rápido aprendimos), debullamos millo e xogamos moito! Esta semana interesounos moito crear torres altísimas! E tamén nos divertimos cun xogo chulísimo que nos trouxo Lucía🧡

Samaín 2023

Imagen
👻🎃Boas tardes familias! O alumnado de Infantil B,  comezamos con actividades propias do samaín, decoloramos arroz, xogamos a clasificar as arañas segundo o número, decoramos cabazas, monstros e pantasmas e moitas máis actividades de dita celebración. Nestes días iremos colgando máis actividades terroríficas que tanto nos gustan. 

Propostas da semana (infantil A)

Imagen
 Boa tarde familias!  Esta semana na aula de infantil A fixemos varias propostas de actividades: xogamos ao lince traballando a atención visual, na PDI a memoria auditiva, con tarxetas de palabras de outono compoñéndoas con letras móbiles… tamén visitamos a biblioteca de centro e limos contos na biblio da aula. E hoxe empregamos as miniaturas das rutinas da aula (que utilizamos para pasar lista e saber quen é encargada ou encargado) xunto coas letras de madeira para facer un xogo: tiñamos que situar a cada compi ao lado da súa inicial, asociando o son co grafema. 

Aniversarios

Imagen
 Hoxe fixemos un recopilatorio dos aniversarios que tiveron lugar en verano e no mes de setembro! Parabéns!!🎂

Benvidas e benvidos!

Imagen
 Comeza unha aventura para a clase de infantil B! Así foron os primeiros días de cole:

Primeiros días de escola

Imagen
 Bo día! Na aula de infantil A, estivemos facendo moitas cousiñas estes días. No primeiro día de escola fixemos moitos xogos no patio xunto cos demais nenos e nenas do cole: transportamos un ovo nunha culler tentando que non caera, camiñamos cos zancos, xogamos aos aros…  Ademais este ano puxemos en marcha a entrada amable, onde as nenas e nenos ao chegar á aula poden escoller de entre as propostas diarias a que máis lle guste. Isto permite que estean máis relaxadas e relaxados e traballen distintos aspectos en base aos intereses ou necesidades persoais: debuxando, construído, trasvasando obxectos, xogando coas letras… aumentando os periodos de atención.  Estreamos as nosas bandexas e tapetes coas propostas, que foron un éxito!