Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Nadal en infantil A🎄

Imagen
 Boa tarde familias! Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas cousiñas que fixemos na escola: a saída no tren de nadal polas rúas de marín, a visita á biblioteca municipal para a videoconferencia con Papá Noel (onde lle fixemos preguntas e falamos un pouco con él)… Na aula sensorial pasámolo xenial: desfrutamos cos provocación de nadal xogando coa árbore e os adornos, nas mesas de luz colocando contas translúcidas nas plantillas, insertando contas de cores nos limpiapipas, nas mesas sensoriais clasificando pezas de madeira ou xogando e trasvasando…  E tamén artisteamos moito cos retos que nos propuxo o elfo Noel!: decoramos galletas de xenxibre coas nosas caras, fixemos adornos de nadal con masa de modelar, postais para as nenas e nenos da EEI O Grupo, puxemos as nosas fotos na porta tan chula que nos decorou a Anpa… e hoxe tomamos unha foto coa nosa árbore de nadal e o elfo para despedirnos del.  Ah! E celebramos os aniversarios dos compis Yoel, Lola e Axel, que cumpliron 5 anos!! Moitímos

Nadal

Imagen
 Así de ben o pasamos coas actividades de nadal! A chegada de Elfito e as misións que tivemos que cumprir.

Obradoiros e sorpresas do noso elfo

Imagen
 Boa tarde familias!  A pasada semana con motivo da conmemoración do 25N desfrutamos dunha obra de teatro por parte do CIM, rimos moito e pasámolo xenial! E durante esta semana realizamos un obradoiro sobre as enfermidades inflamatorias intestinais, descubrindo algúns órganos e as súas funcións así como a importancia dunha  alimentación saudable para o coidado do noso corpo. Por outra banda, o noso elfo Noel xa fixo das súas na clase: vaciou os botes de ceras e tamén fixo unha fila cos nosos mandilóns! Tivemos que contar e clasificar as cores para poñelas no seu sitio, e buscar e poñer os mandilóns correctamente. Ademais deixou as primeiras misións no calendario de advento: poñerlle un nome, ler un conto e darnos abrazos!! 

Aniversarios de novembro e unha visita moi especial en infantil A…

Imagen
 Boa tarde familias! Este mes celebramos os aniversarios de Breixo e mais Olivia, moitísimos parabéns! Querémosvos moito!!🧡 Fixemos actividades navideñas: decoramos galletas coas nosas caras, pintamos un papá noel… Ademais, tivemos unha sorpresa moi especial… un elfo chegou á nosa aula!!! Tiña unha carta para nós, e preguntounos se queríamos adoptalo. Por suposto, a resposta foi que sí e ata temos un certificado de adopción!! Deixounos tamén a primeira proba no calendario de advento que consistía en buscarlle un nome. Ao final votamos e decidimos chamarlle “Noel”.  Para rematar un día xenial, Noel tróuxonos un agasallo: un tendal moi chulo, con perchas e pinzas!! 

Chegada do elfo!

Imagen
 Hoxe chegou un elfo enviado por papá Noel, cunha carta e un certificado de adopción. Cada día realizaremos unha misión no calendario de adviento. A misión de hoxe foi buscarlle un nome. Tras un consenso o nome oficial é Elfito!