Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

Comezamos co envío das mochilas máxicas!

Imagen
 Boa tarde a todas e todos!  Hoxe comezamos co envío das mochilas máxicas que poderedes ter durante unha semana nas vosas casas. Esta mañá tocoulles a Arya e mais Matilda. Desfrutádeas!!! 

Saída á Galiña Azul

Imagen
 Hoxe fomos visitar aos nenos e nenas da Galiña azul. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.  Apertas!

Semana de entroido!

Imagen
 Esta semana foi moi divertida! Tuxiña e mais Maruxo fixeron o mandadiño, e cada día tiñamos que levar algo distinto ao cole.Ademais, hoxe desfilamos polas rúas de marín cos nosos disfraces de árbores.  Deixámosvos estas fotiños para que vexades o guapas e guapos que iamos!

Instalación de entroido

Imagen
 Boa tarde familias! Esta mañá participamos na instalación/invitación de xogo de entroido. Xogamos, imaxinamos, creamos, trasvasamos… pasámolo en grande! 

Obradoiro de filloas

Imagen
 Esta mañá fixemos filloas coa mestra Belén. Coñecimos os ingredientes, mesturamos todo e a profe púxoas na filloeira.  Estaban riquísimas! 

Aniversarios de febreiro

Imagen
 Ola queridas familias! Hoxe celebramos o aniversario da nosa compi Arya na escola, que xa cumpliu catro anos! Cantámoslle, vimos algunhas fotos de cando era máis pequena, sopramos as velas con ela e tomamos uns cachiños de biscoito que nos trouxo… estaba delicioso! Moitísimos parabéns, querémoste!!