Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Actividades dos últimos días no Sequelo

Imagen
 Ola familias! Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas actividades que estivemos a facer estes días. Para rematar a semana do libro, viñeron a lernos uns contos chulísimos a mamá de Breixo e mais a de Ivó. Encantáronnos e foi xenial pasar tempo con elas! Grazas!! Tamén visitamos a horta: plantamos sementes, regamos e recollimos froitos. Prontiño voltaremos!  Axudamos a facer o maio do cole quitando os talos das flores para despois facer os colares. Despois vaciamos ovos, e aproveitamos que tiñamos uns gardadiños para facer un obradoiro de tortilla francesa. Comímolas todas!

Aniversarios do mes de Abril

Imagen
 Esta semana celebramos o aniversario de Lola, que cumpliu 5 aniños! Moitísimos parabéns, Lola. Querémoste!! 

Descubrimos a Matisse 🎨

Imagen
 Ola! Esta semana estivemos coñecendo a Henry Matisse. A nosa mascota, Maruxo, marchou de viaxe a visitar distintos museos e trouxo algunhas das súas obras favoritas, que son deste pintor. Colocounas pola aula e deixounos unha folla con anacos de cada cadro, que tiñamos que buscar e marcar cunha pegatina unha vez atopados.  Descubrimos que a Matisse encantáballe pintar ventás que daban a xardíns cheos de flores, e mesmo pintaba con tesoiras! Finalmente recreamos unha das súas obras e pegámola no corredor.  Apertas!!

Día do libro 2023

Imagen
 Ola a todas e todos! Hoxe a nosa mascota da aula, Maruxo, preparounos un xogo moi divertido para conmemorar o Día do Libro. Primeiro explicounos por qué se celebra, e despois seguimos as pistas que foi agochando pola escola e que estaban acompañadas das pezas dun puzle que formaban a portada do conto que trouxo para nós.  Cando acabamos, descubrimos que se trataba do conto “Salvaxe”, e despois de lelo repartimos as tarxetas que nos fixo Maruxo.  Pasámolo moi ben!!

Invitación ao xogo: cores de primavera

Imagen
 Esta mañá aproveitando o bo tempo saímos ao patio e participamos nunha proposta moi divertida: deixamos voar a nosa imaxinación con xiz de distintas cores e mesturándoo con auga empregando pinceis e esponxas.  Aquí tedes algunhas imaxes… apertas!!!