Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Recollida solidaria para a protectora🐾

Imagen
 Boa tarde familias! Estes últimos días estivemos preparando un cartel entre todos os nenos e nenas da aula para a recollida solidaria que estamos a facer esta semana en favor da protectora “Os Palleiros”. Primeiro escollimos a información que tiñamos que poñer, e despois de elaboralo saímos cos compañeiros e compañeiras de 4º a pegalos polas rúas de marín. Despois, merendamos no parque e xogamos un pouquiño antes de volver á escola. Aquí tedes algunhas imaxes, apertas!!

Brincaxogos 2023!

Imagen
 Boa tarde! Aquí podedes ver o vídeo coas imaxes dos días que celebramos os primeiros brincaxogos no Sequelo para conmemorar o Día da familia. Encantounos que nos regalárades ese ratiño do voso tempo para vir xogar con nós. Moitísimas grazas e ata a próxima!!🧡

Radio Sequelo en acción! 🎙️

 Boa tarde a todas e todos!  Deixámosvos o primeiro podcast feito polas nenas e nenos de 4º de primaria e mais do alumnado de infantil.  Agardamos que o desfrutedes!!

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Imagen
 Boa tarde! Estas últimas semanas estivemos a traballar sobre o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Comezamos lendo o conto “Orellas de bolboreta”, reflexionamos sobre a importancia de tratar ben aos demais, o impacto que as palabras teñen sobre nós e sobre as persoas as que nos diriximos, que palabras nos gusta que nos digan e cales non.. e cambiamos as palabras feas que lle dicían a Mara (a protagonista do conto) por outras agradables e bonitas. Despois, fixemos o noso papel plantable reciclando anacos que tiñamos gardados e engadimos sementes de distintas flores. Por último, cando secou escribimos esa palabra especial que nos gusta escoitar e dicirlle as persoas que queremos. Agardamos que todas xerminen!!

Saída á EEI “O Grupo” e radio escolar

Imagen
 Ola familias!  Hoxe tivemos unha mañá intensa! Estivemos grabando o noso primeiro programa de radio escolar coas nenas e nenos de 4º de primaria. Fomos uns pouquiños, e a próxima semana continuaremos. Pronto poderedes escoitalo!! Despois, puxemos rumbo á escola “O Grupo” e fixemos unha parada no parque para descansar e merendar. Unha vez no cole os compis Axel e Matilda representaron a obra “A qué sabe a lúa”. Fixérono fenomenal!!  Os nenos e nenas de 6º curso tamén leron algúns contos moi chulos, e antes de marchar as e os compis do Grupo preparáronnos unha merenda de froita riquísima! Moitísimas grazas!!