Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Fin de trimestre!🎊

Imagen
Boa tarde! Para rematar este trimestre e finalizar o noso proxecto participamos na provocación coa temática espacial na aula sensorial. Xogamos con materiais fluorescentes e a luz negra e pasámolo xenial!

Visítanos a familia de Nicolás 📖

Imagen
 Ola!  O pasado xoves tivemos unha visita especial na aula, a familia de Nicolás veu a pasar un ratiño con nós e leunos un conto moi chulo! 

Saída a Apípolis 🐝

Imagen
 Bo día, familias! O Venres visitamos Apípolis e pasámolo xenial! Fixemos dous grupos e fomos rotando polos distintos obradoiros. Aprendimos a facer galletas con mel,  visitamos o apiario cos traxes de apicultores, descubrimos moitas curiosidades sobre as abellas e mesmo elaboramos as nosas velas!! 

Universo II (infantil B)

Imagen
 Lectura da nai de Óliver, recortamos cohetes, elaboramos planetas, constelacións, etc Fixemos masa con fariña e aceite para crear a nosa arena lunar e deixar as pisadas. Na merenda elaboramos cohetes con plátano e fresas e decoramos os nosos lapbooks. Xa somos auténticos astronautas!!

🚀Universo e aniversarios do mes (Inf A)

Imagen
 Ola, familias!  Estes días continuamos a investigar sobre o universo: o sistema solar, as constelacións, os movementos do noso planeta e as súas capas…  Recreamos a terra con discos de algodón que pintamos de azul e verde empregando pipetas, consultamos libros que trouxeron os compis con moita información, descubrimos imaxes sobre o universo co proxector… Realizamos un obradoiro de filloas para rematar o entroido 2024, coa profe Belén. Non quedou nin unha!! Tamén lembramos a Rosalía de Castro no seu día, rememorando a súa vida e escribindo unha parte do seu poema “ Parece unha rosa”. Despois decoramos unha imaxe da escritora e decoramos o cabelo coa súa flor favorita: o pensamento. Ademais festexamos o aniversario de Arya, que xa ten 5 anos!! Moitísimos parabéns, querémoste🧡

Videoconferencia co Ceip Carballal

Imagen
Ola!!  Hoxe tivemos unha mañá ben interesante! Realizamos unha videoconferencia coas nenas e nenos da aula de 5 anos do Ceip Carballal.  Presentámonos, falamos sobre o que máis nos gusta dos nosos coles, actividades que fixemos, o entroido e os nosos disfraces…