Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Samaín na escola

Imagen
  Boa tarde! Hoxe celebramos o samaín na escola, pasámolo de medo!! Fixemos moitas fotos, bailamos cancións de samaín, escoitamos contos de medo a escuras… e tivemos unha merenda espectacular!! Tamén pintamos cabazas e fixemos unha con pasta de modelar (que levaremos a próxima semana a casa).  Antes de marchar, pasamos pola aula sensorial onde había un labirinto que tiñamos que atravesar para atopar as pantasmas que escondían ovos de chocolate.  Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos. Moitísimas grazas por facer posible a nosa merenda terrorífica, sodes uns/unhas artistas!! 

Lecturas terroríficas

Imagen
Esta semana, coa celebración do Samaín, convidamos as familias a contar un conto na aula.  Moitísimas grazas pola vosa colaboración, pasámolo de medo!!

Merendas saudables

Imagen
Bo día familias! Pouco a pouco estamos a coñecer e incorporar a nosa dieta moitas froitas. Cada día gústannos máis! A merenda é un momento moi especial, que nos está permitindo adquirir hábitos de alimentación saudable e hixiene, así como de autonomía. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: 

O outono chega a nosa aula

Imagen
  Hai unhas semanas a nosa mascota da aula, o gato Maruxo, deixounos unha carta na que nos contaba que ía comezar unha nova estación: o outono. Como nos pedía que investigásemos sobre isto, escribímosvos unha carta na que todas e todos firmamos co noso nome.  Grazas a vosa colaboración puidemos coñecer e descubrir moitas cousiñas, que vos deixamos neste vídeo. Apertas!

Celebramos o día de San Miguel

Imagen
Bo día familias! Hai unhas semanas festexamos o día de San Miguel na escola cunha proposta de exploración na aula sensorial. Cos materiais que nos trouxestes, dispuxémolos polo espazo da clase e engadimos papeis vermellos e azuis, que as nenas e nenos manipularon libremente: tocando, trasvasando, movendo, lanzando...  Deixámosvos unhas fotos para que vexades o guapos e guapas que iamos e o ben que o pasamos!

Periodo de adaptación

Imagen
Bo día familias! Durante o mes de setembro tivo lugar o periodo de adaptación, e fixemos moitas actividades e xogos de exploración dos espazos da aula e da escola, e mais dos materiais e xoguetes. Tamén nos coñecemos entre todos, e os maiores da clase axudaron aos novos compañeiros  e compañeiras a descubrir os recunchos da aula, acompañándoos nestes primeiros momentos.

Iniciamos a nosa andaina no blogue

Benvidas a noso blogue familias! Pouquiño a pouco iremos engadindo as cousas que facemos na aula e na escola, para que o vexades a través desta ventaniña. Apertas!