Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Nadal no Sequelo

Imagen
 Ola a todas e todos!  Onte fixemos a festa de nadal na escola, e pasámolo fenomenal! Visitáronnos Mary Poppins e Papá Noel, tomamos chocolate con churros, fixemos unha sesión de cine e demos as campanadas!!

Tren de nadal

Imagen
 Boa tarde familias!  Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos polas rúas de marín no tren de nadal!!

Sesión de contacontos

Imagen
 Ola queridas familias! O venres, algúns alumnos de 6º de educación primaria viñeron contarnos a historia da cebra Camila. Gustounos moito e estamos desexando que volvan!! 

Facemos vidreiras

Imagen
 Ola familias!  Hai uns días estivemos a facer vidreiras de cores para as ventás do cole. Quedáronnos chulísimas e encántanos ver o que ocorre cando lles da a luz do sol. 

Investigamos sobre a granada

Imagen
 Bo día familias!  Estas últimas semanas, partindo do proxecto de centro “Protexo o meu planeta, protéxome eu”, cada aula investigou sobre un froito de outono. Na clase de infantil escollimos a granada, e descubrimos moitas cousas! Primeiro coñecimos o seu ciclo de vida, ordenando os diferentes momentos de crecemento deste froito. Descubrimos os nomes das súas distintas partes, tocámola… e, por suposto, degustámola!! 

Aniversarios de Novembro

Imagen
 Ola familias! Aquí vos deixamos fotos das celebracións dos aniversarios de Karim, Magín, Breixo e Olivia. Moitísimos parabéns!! 🤍

Actividade Info-nadal

Imagen
Hai uns días realizamos unha actividade moi interesante sobre o consumo responsable e etiquetado de xoguetes. Falamos sobre a importancia de non pedir demasiados xoguetes, aprender a ler as etiquetas que traen e coñecer así se son seguros ou non.  Despois, creamos un boneco de neve e puxémoslle a súa etiqueta. Mirade que chulos nos quedaron!