Primavera e corpo humano en Infantil A

 Boa tarde, familias!

Nestas últimas semanas estivemos rematando o noso microproxecto sobre a primavera. Lembramos as estacións e por qué se producen empregando o globo terráqueo. 

Coas flores que as nenas e nenos trouxeron observamos as partes que as compoñen e mais os seus nomes. 

Tamén fixemos algunhas actividades, como: compoñer un puzle coa imaxe dun tulipán, sumar, elaborar unha flor con filtros de café coa profe Belén, descompoñer números coas “margaridas sumadoras” empregando tapóns, e seguimos avanzando na lectoescritura con diversas propostas partindo do nivel no que se atopa cada nena e neno. 

Buscamos e asociamos a inicial de cada imaxe onde corresponde, compoñemos palabras con letras móbiles…


Coa celebración dos maios tamén quixemos axudar e estivemos quitando os talos ás flores, para posteriormente facer os colares. Traballamos moito a motricidade fina!


Ademais, comezamos o proxecto deste terceiro trimestre: o corpo humano. Estivemos expoñendo a información que trouxemos e continuamos a investigar nos libros da biblioteca. 

Nestes días estamos a coñecer o aparello locomotor, descubrindo os sistemas óseo e muscular. Para iso contamos coa axuda do esqueleto ao que puxemos o nome de “Eufrasio”. Canto estamos aprendendo con él! 

Tamén tivemos a visita da familia de Nicolás, que veu lernos un conto chulísimo: “Tu cuerpo es tuyo”. 

E, por suposto, houbo tempo para mover o corpo bailando coa canción dos esqueletos.

Seguiremos informando!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Nadal en infantil A🎄

Últimas semanas en infantil A

Saída a Apípolis 🐝