Febreiro e marzo en 5° de EI
Comezamos o mes de febreiro preparando con moita ilusión o Entroido, as frías cores do inverno deixan paso, por unhas semanas, á ledicia e ás cores vivas. Este curso, ademáis de achegarnos aos elementos máis característicos do Entroido de Galicia, coma os peliqueiros, elaboramos os nosos propios disfraces para o desfile do centro, centrados no conto dos Chibos Chibóns por elección de todos os nenos/as da clase. Por suposto, tamén gozamos dunha semana de adornos divertidos polo "Mandadiño". Ademáis das festas e conmemoracións sinaladas, estes meses traballamos en profundidade a lectoescritura, centrándonos na conciencia fonolóxica e no trazado das letras e dos números. Pero, sen dúbida, o que máis nos motivou estes meses foi o noso proxecto de aula "Os dinosaurios". Este proxecto abarcou desde actividades manipulativas e artísticas, como a "excavación arqueolóxica de osos", a elaboración de fósiles, xogos de mesa, a elaboración do asteroide... como activida...