Actividades dos últimos días no Sequelo

Ola familias! Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas actividades que estivemos a facer estes días. Para rematar a semana do libro, viñeron a lernos uns contos chulísimos a mamá de Breixo e mais a de Ivó. Encantáronnos e foi xenial pasar tempo con elas! Grazas!! Tamén visitamos a horta: plantamos sementes, regamos e recollimos froitos. Prontiño voltaremos! Axudamos a facer o maio do cole quitando os talos das flores para despois facer os colares. Despois vaciamos ovos, e aproveitamos que tiñamos uns gardadiños para facer un obradoiro de tortilla francesa. Comímolas todas!