Actividades dos últimos días no Sequelo

 Ola familias! Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas actividades que estivemos a facer estes días.

Para rematar a semana do libro, viñeron a lernos uns contos chulísimos a mamá de Breixo e mais a de Ivó. Encantáronnos e foi xenial pasar tempo con elas! Grazas!!


Tamén visitamos a horta: plantamos sementes, regamos e recollimos froitos. Prontiño voltaremos! 




Axudamos a facer o maio do cole quitando os talos das flores para despois facer os colares. Despois vaciamos ovos, e aproveitamos que tiñamos uns gardadiños para facer un obradoiro de tortilla francesa. Comímolas todas!










Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana