Nadal en infantil A🎄

 Boa tarde familias!

Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas cousiñas que fixemos na escola: a saída no tren de nadal polas rúas de marín, a visita á biblioteca municipal para a videoconferencia con Papá Noel (onde lle fixemos preguntas e falamos un pouco con él)…

Na aula sensorial pasámolo xenial: desfrutamos cos provocación de nadal xogando coa árbore e os adornos, nas mesas de luz colocando contas translúcidas nas plantillas, insertando contas de cores nos limpiapipas, nas mesas sensoriais clasificando pezas de madeira ou xogando e trasvasando… 

E tamén artisteamos moito cos retos que nos propuxo o elfo Noel!: decoramos galletas de xenxibre coas nosas caras, fixemos adornos de nadal con masa de modelar, postais para as nenas e nenos da EEI O Grupo, puxemos as nosas fotos na porta tan chula que nos decorou a Anpa… e hoxe tomamos unha foto coa nosa árbore de nadal e o elfo para despedirnos del. 

Ah! E celebramos os aniversarios dos compis Yoel, Lola e Axel, que cumpliron 5 anos!! Moitímos parabéns! Querémosvos!🧡🧡












Comentarios

Entradas populares de este blog

Últimas semanas en infantil A

Semana de Entroido! 🎭(Inf A)