Descubrimos o universo (Infantil A)

Ola, familias! Nestas semanas estivemos traballando sobre o inverno e votamos o proxecto que queriamos iniciar. Gañou o universo! Así, investigamos sobre o big bang, as galaxias, o sistema solar… pero aínda nos queda moito por aprender! Tamén fixemos unha recreación da gran explosión que deu lugar ao universo: partindo de papel continuo negro comezamos a pintar con témperas as partículas de cor, galaxias, planetas… e xa temos as nosas tarxetas de astronautas! Seguiremos informando! Apertas!