Descubrimos o universo (Infantil A)

 Ola, familias!

Nestas semanas estivemos traballando sobre o inverno e votamos o proxecto que queriamos iniciar. Gañou o universo! 

Así, investigamos sobre o big bang, as galaxias, o sistema solar… pero aínda nos queda moito por aprender! Tamén fixemos unha recreación da gran explosión que deu lugar ao universo: partindo de papel continuo negro comezamos a pintar con témperas as partículas de cor, galaxias, planetas… e xa temos as nosas tarxetas de astronautas!

Seguiremos informando! Apertas! 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Nadal en infantil A🎄

Últimas semanas en infantil A

Saída á EEI “O Grupo” e radio escolar