Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

Propostas de xaneiro en 5 anos

Imagen
 Boa tarde! Estas semanas de xaneiro estivemos a traballar moito na nosa aula. Á volta de nadal descubrimos unha sorpresiña que o elfo Noel nos deixou antes de marchar: uns xogos chulísimos! Tamén continuamos a investigar sobre Senegal, o país que escollimos na aula. Comezamos coas ideas previas, anotando o que sabiamos e o que queriamos aprender, e creamos un recuncho coa información. Buscámolo no mapa, descubrimos cal é a súa capital, os seus ríos, e lembramos as cores da súa bandeira. E mesmo fixemos os nosos pasaportes para poder visitala! Por outra banda continuamos a facer algunhas propostas de inverno. Observamos imaxes de paisaxes invernais e creamos as nosas en papel de aluminio, poñendo o noso nome e un título. Xogamos nas bandexas sensoriais e na mesa de minimundo, traballamos a motricidade fina e a percepción visual na mesa de luz, decoramos vidreiras de folerpas con papel de seda e avanzamos na lectoescritura identificando a letra inicial e escribindo a palabra con let...

Aniversarios de xaneiro 🎂

Imagen
Este mes celebramos os aniversarios dos nosos compis Nicolás e mais Enzo, que cumpliron 6 anos. Moitísimos parabéns, querémosvos! 🧡

Actividades invernais

Imagen
 Como nos gusta experimentar con novas actividades, aquí unha pequena mostra de actividades que realizamos na aula sobre a nova estación tan fría e conxelada como podedes ver!

Bo 2025!

Imagen
Boas familias! Comezamos un ano máis cos peques e as ganas de volver a vernos e compartir momentos tan especiais e divertidos. Deixaron uns regaliños na clase e así os desfrutaron.