Propostas de xaneiro en 5 anos

 Boa tarde!

Estas semanas de xaneiro estivemos a traballar moito na nosa aula. Á volta de nadal descubrimos unha sorpresiña que o elfo Noel nos deixou antes de marchar: uns xogos chulísimos!

Tamén continuamos a investigar sobre Senegal, o país que escollimos na aula. Comezamos coas ideas previas, anotando o que sabiamos e o que queriamos aprender, e creamos un recuncho coa información. Buscámolo no mapa, descubrimos cal é a súa capital, os seus ríos, e lembramos as cores da súa bandeira. E mesmo fixemos os nosos pasaportes para poder visitala!

Por outra banda continuamos a facer algunhas propostas de inverno. Observamos imaxes de paisaxes invernais e creamos as nosas en papel de aluminio, poñendo o noso nome e un título. Xogamos nas bandexas sensoriais e na mesa de minimundo, traballamos a motricidade fina e a percepción visual na mesa de luz, decoramos vidreiras de folerpas con papel de seda e avanzamos na lectoescritura identificando a letra inicial e escribindo a palabra con letras móbiles. 
Tamén xogamos coas tarxetas matemáticas identificando se o número que aparece é maior, menor ou igual que o outro. 
Ademais, para celebrar o Día da Paz, elaboramos o mural “O meu momento de paz”, cunha foto e un texto explicando o que nos da tranquilidade. Algunhas respostas foron: pasear pola praia, botar unha sesta ou ver as estrelas. 


Para rematar, ensinámosvos algunhas fotos da nosa clase coa reforma: encántanos o novo chan de madeira! 








Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana