Aniversarios de febreiro 🎂 (6º EI) febrero 26, 2025 Boa tarde, familias!Este mes cumpliron 6 anos as nosas compis Arya e mais Yasmin. MoitÃsimos parabéns, querémosvos 🧡 Comentarios
Primeiros dÃas en 3 anos! octubre 01, 2025 Boa tarde, familias! Aquà vos deixamos algunhas imaxes do que estivemos a facer estas primeiras semanas de escola. Xogamos moito, coñecÃmonos e descubrimos espazos do noso cole! Comezamos a realizar as rutinas de entrada, e engadiremos máis pouco a pouco: sentamos na alfombra e facemos a asemblea, pasamos lista e contamos os que están na escola e os que faltan, o encargado ou encargada debúxase (avanzando asà no esquema corporal), poñemos as zapatillas… e estamos a traballar as normas da aula diariamente! Tamén facemos unha sesión de relaxación ao regresar do patio, e despois facemos a lectura dun conto. Tamén participamos nas actividades, traballando especialmente a motricidade fina e coordinación ollo-man a través de actividades impresas (con pintura de dedos) e propostas manipulativas en bandexas (trasvasando arroz, con vocabulario de outono situando aros de madeira na palabra correcta, coas rodas de cores pegando cada imaxe na cor que corresponde, xogando coas cantidades... Ler máis »
Graduación 6º EI 🎓 junio 13, 2025 A pasada semana festexamos a graduación de 6º de EP e mais EI. Foi un momento moi especial para pechar con agarimo unha etapa e iniciar outra con moitas ganas. Aquà vos deixamos algunhas imaxes: Ler máis »
Propostas veraniegas en 4º EI junio 11, 2025 Boa tarde, familias!! Estes dÃas introducimos novas propostas na aula relacionadas coa estación que está a piques de chegar: o verán. …Identificamos o intruso con diferentes imaxes para descubrir que obxecto non pertence ao verán, reproducimos modelos de xeados, enchemos os ocos dunha balea coas formas xeométricas, ordenamos a baralla numérica de animais mariños, asociamos debuxos coas súas sombras, xogamos ao lince, contamos e colocamos a pinza no número correspondente, xuntamos as metades dos peixes asociando grafÃa-cantidade, colocamos cada peixe no seu acuario en función da cantidade e… o máis divertido de todo: fixemos xeados na mesa sensorial!!! Que pouquiño queda para rematar o curso e como estamos a gozar estes últimos dÃas!!! Ler máis »
Comentarios
Publicar un comentario