Propostas de xaneiro en 3 anos
Boas, familias!
Durante o mes de xaneiro na aula de 3 anos levamos a cabo diversas actividades relacionadas co inverno e reforzamos conceptos aprendidos no primeiro trimestre. Estas son algunhas das propostas que realizamos:
Practicamos diferentes trazos patinando sobre xeo e que nos axudaron a mellorar a motricidade fina, o control manual e a coordinación.
Estampamos pintura azul con esponxas para deseñar paisaxes de inverno nos que somos os protagonistas.
Decoramos bólas de neve que pronto decorarán a nosa porta da aula.
Realizamos diversos xogos manipulativos de identificar o intruso que non pertence á estación do inverno, memorys, tarxetas de cálculo, linces para atopar as imaxes no taboleiro… Con todos estes xogos aprendemos moitísimo vocabulario da estación tan fría na que nos atopamos agora, á vez que fomentamos a atención e o razoamento lóxico.
Coloreamos mandalas con motivos invernais, favorecendo a nosa concentración, ademais de observar as formas e patróns que os caracterizan.
Rachamos papel de seda e pegamos os anacos sobre una folerpa en papel adhesivo para decorar as ventás do corredor, desta maneira reforzamos a destreza manual.
Tamén desfrutamos de xogos novos e repasamos conceptos do primeiro trimestre como os números, as letras, as partes do corpo e o esquema corporal, mediante cancións, contos e diversos xogos.
Ademais, o 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz facendo múltiples actividades e entre elas, conversamos sobre que nos fai estar en paz e representamos eses momentos no mural da entrada “o meu momento de paz”. Tamén, dialogamos sobre o Día da Paz reflexionando sobre o seu significado e a importancia de escoitar, respetar e coidar aos demais para vivir de forma pacífica e unida. Despois coloreamos unhas pulseiras da paz.
Comentarios
Publicar un comentario