Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

Primeiros momentos 6º infantil

Imagen
 Comezamos un curso cheo de ilusión e novos compañeiros na nosa aula. Compartimos momentos conxuntos conversando do noso verán, actividades do cambio de estación, visita da avoa de Cibrán para contar un conto de tradición oral, entre outras.

Primeiro mes en 5° de EI

Imagen
 Boas, familias! Comezamos o curso de 5° de EI centrándonos en recuperar rutinas, como cambiar o calzado, as merendas saudables ou pasar lista. Tamén foi moi importante reavivar o sentimento de grupo co xogo simbólico e os xogos de mesa. Unha vez centrados na dinámica escolar comezamos a traballar a entrada do outono a través da expresión plástica coas súas cores características, dos grafismos, e desde un plano sensorial achegando elementos naturais á aula.  Iniciámonos tamén nos números e as súas cantidades, as formas xeométricas básicas e as palabras relacionadas con esta estación tan bonita.  E non esquecemos celebrar o San Miguel! e que ben bailaron os nosos compañeiros e compañeiras de primaria! 

Primeiros días en 3 anos!

Imagen
 Boa tarde, familias! Aquí vos deixamos algunhas imaxes do que estivemos a facer estas primeiras semanas de escola.  Xogamos moito, coñecímonos e descubrimos espazos do noso cole! Comezamos a realizar as rutinas de entrada, e engadiremos máis pouco a pouco: sentamos na alfombra e facemos a asemblea, pasamos lista e contamos os que están na escola e os que faltan, o encargado ou encargada debúxase (avanzando así no esquema corporal), poñemos as zapatillas… e estamos a traballar as normas da aula diariamente! Tamén facemos unha sesión de relaxación ao regresar do patio, e despois facemos a lectura dun conto. Tamén participamos nas actividades, traballando especialmente a motricidade fina e coordinación ollo-man a través de actividades impresas (con pintura de dedos) e propostas manipulativas en bandexas (trasvasando arroz, con vocabulario de outono situando aros de madeira na palabra correcta, coas rodas de cores pegando cada imaxe na cor que corresponde, xogando coas cantidades...