Primeiro mes en 5° de EI

 Boas familias!

Comezamos o curso de 5° de EI centrándonos en recuperar rutinas, como cambiar o calzado, as merendas saudables ou pasar lista. Tamén foi moi importante reavivar o
sentimento de grupo co xogo simbólico e os xogos de mesa.


Unha vez centrados na dinámica escolar comezamos a traballar a entrada do outono a través da expresión plástica coas súas cores características, dos grafismos, e desde un plano sensorial achegando elementos naturais á aula. 


Iniciámonos tamén nos números e as súas cantidades, as formas xeométricas básicas e as palabras relacionadas con esta estación tan bonita. 


E non esquecemos celebrar o San Miguel! e que ben bailaron os nosos compañeiros e compañeiras de primaria! 










Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeiros días en 3 anos!

Saídas desta semana