Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

Proxecto cabazas 🎃

Imagen
Este ano comezamos un novo proxecto sobre as cabazas. Investigamos sobre a súa medida, peso, experimentos, manualidades e moito máis! Para iso contamos con dous equipos co nome de marvel e power rangers. Foi todo un éxito!

Outono 5 anos

Imagen
 Resumo da estación de outono en 5 anos. Creamos para a mesa sensorial a masa de canela que tanto nos gustou, creamos mini mundos de outono, pintamos con follas…

Saída Afundación

Imagen
  📸 Risas e burbullas: Visita á Afundación e obradoiro de xabón Os nenos e nenas de 5 anos fomos de excursión á   Sede Afundación   para gozar dunha xornada única que mesturou a fotografía máis divertida coa hixiene máis creativa. 🐧 "Comedy Wildlife": Cando a natureza nos fai rir Comezamos visitando a exposición  Comedy Wildlife Photography Awards . A través de divertidísimas imaxes de animais en situacións disparatadas (monos facendo acenos, bufos sorprendidos ou pingüinos torpes), os pequenos non só riron a gargalladas, senón que aprenderon algo fundamental:  a importancia de protexer a nosa fauna. Obxectivo:  Fomentar a empatía cara aos animais e a conciencia sobre a conservación do medio ambiente dende unha mirada positiva. 🧼 Mans á obra: Obradoiro de xabón Despois de ver tantas fotos, tocaba pasar á acción no obradoiro práctico. Nesta actividade, os nenos e nenas aprenderon a elaborar o seu propio  xabón artesán . A experiencia:  Experimen...

Magosto 2025

Imagen
Este ano polo magosto construimos un posto de castañas asadas no xogo simbólico da clase! Ademais creamos un conto cooperativo de creación propia con debuxos e texto inédito.  

Outubro en 5° de EI

Imagen
Estes mes centrámonos na temática do Samaín, sen deixar de lado o outono. A través deste tema que tanto lles motiva aos nenos e nenas, traballamos a escritura con palabras significativas e propias desta celebración. Tamén traballamos a lóxica, as matemáticas e o respecto das normas a través de xogos de mesa, como "A pócima da bruxa" ou o "Bingo terrorífico". Non esquecemos a parte máis creativa adornando a aula coas nosas creacións artísticas: morcegos de cartón, vidrieiras de cabazas e pantasmas, monstros... Outra parte moi importante das nosas rutinas foi a lectura, onde tivemos o pracer de realizar apadriñamentos lectores cos compañeiros e compañeiras de primaria. Ademáis como novidade comezamos a traballar a oratoria, contando historias ou expoñendo traballos propios. E non esquecemos fomentar a parte máis social a través do xogo espontáneo dos nenos e nenas en pequenos grupos, deixando voar a súa imaxinación e fortalecendo lazos afectivos no grupo. E por supost...