Outubro en 5° de EI

Estes mes centrámonos na temática do Samaín, sen deixar de lado o outono. A través deste tema que tanto lles motiva aos nenos e nenas, traballamos a escritura con palabras significativas e propias desta celebración.


Tamén traballamos a lóxica, as matemáticas e o respecto das normas a través de xogos de mesa, como "A pócima da bruxa" ou o "Bingo terrorífico".


Non esquecemos a parte máis creativa adornando a aula coas nosas creacións artísticas: morcegos de cartón, vidrieiras de cabazas e pantasmas, monstros...


Outra parte moi importante das nosas rutinas foi a lectura, onde tivemos o pracer de realizar apadriñamentos lectores cos compañeiros e compañeiras de primaria. Ademáis como novidade comezamos a traballar a oratoria, contando historias ou expoñendo traballos propios.


E non esquecemos fomentar a parte máis social a través do xogo espontáneo dos nenos e nenas en pequenos grupos, deixando voar a súa imaxinación e fortalecendo lazos afectivos no grupo.


E por suposto... Pasalo de medo na festa do Samaín!

















Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeiros días en 3 anos!

Saídas desta semana