Novembro en 5° de EI
Continuamos este mes traballando as sensacións do outono, a través das súas cores e das texturas naturais. De forma frecuente traballamos o pensamento lóxico, por exemplo construindo este crebacabezas a gran escala que nos trouxo o noso compañeiro Antón. Tamén traballamos de forma concentrada na mesa, un aspecto importante que temos que entrenar de cara á educación primaria. Aproveitamos estas situacións educativas para aprender conceptos, palabras, e sobretodo a psicomotricidade fina collendocorrectamente as pinturas e escribindo. Por suposto, unha festa protagonista deste mes foi o Magosto. Semanas antes desta festa tradicional aprendemos moito sobre as castañas: de onde saen, como é o castiñeiro, as súas follas, os ourizos como as podemos cociñar... E tamén practicamos para recollelas! Ademáis montamos un posto de venda de castañas para o xogo, foi moi divertido! No Magosto gozamos de xogos tradicionais como as carreiras de sacos, os bolos celtas ou a castaña quente. Depois deg...