Novembro en 5° de EI
Continuamos este mes traballando as sensacións do outono, a través das súas cores e das texturas naturais.
De forma frecuente traballamos o pensamento lóxico, por exemplo construindo este crebacabezas a gran escala que nos trouxo o noso compañeiro Antón.
Tamén traballamos de forma concentrada na mesa, un aspecto importante que temos que entrenar de cara á educación primaria. Aproveitamos estas situacións educativas para aprender conceptos, palabras, e sobretodo a psicomotricidade fina collendocorrectamente as pinturas e escribindo.
Por suposto, unha festa protagonista deste mes foi o Magosto. Semanas antes desta festa tradicional aprendemos moito sobre as castañas: de onde saen, como é o castiñeiro, as súas follas, os ourizos como as podemos cociñar... E tamén practicamos para recollelas!
Ademáis montamos un posto de venda de castañas para o xogo, foi moi divertido!
No Magosto gozamos de xogos tradicionais como as carreiras de sacos, os bolos celtas ou a castaña quente. Depois degustamos as castañas asadas acompañados de música tradicional!
Pero sen dúbida, o máis emocionante do mes foi a excursión á exposición fotográfica Comedy Wildlife no Café Moderno. Alí explicáronnos algunhas das fotografías dos animais e a importancia de coidar o medio ambiente. Coñecemos á lontra Mordisquiños, que foi a inspiración para comezar o noso proxecto de aula sobre as lontras.
O noso proxecto comezou cunha votación sobre os animais que máis nos gustaron da exposición. E a partir de aquí comezamos a investigar sobre as lontras: cómo son, qué comen, cómo son as crías, onde viven... Un proxecto motivante e enriquecedor.
Grazas ás familias que aportáchedes material!
Para ir rematando este mes, reflexionamos sobre a violencia polo 25N baseándonos no conto "Arturo e Clementina". Grazas á profe Rocío que nos axudou a escenificar este conto.



















Comentarios
Publicar un comentario