Decembro en 5° de EI

O Nadal, protagonista deste mes.
A través desta festividade traballamos capacidades importantes como a lectoescritura e a psicomotricidade fina, así coma o aumento de vocabulario.

As actividades artísticas tamén tiveron moita presenza, elaborando adornos de Nadal para a aula e para casa, así coma as postais para ás familias.



Pero o máis importante deste mes foi a interiorización de valores como a amizade e a solidariedade, aprendemos a compartir, a convivir e a coidar. 
Fixemos un intercambio de postais coas persoas usuarias da Asociación AFAPO de Alzheimer e compartimos receitas de Nadal entre compañeiros e compañeiras.








Tamén continuamos co noso proxecto da lontra, aproveitando o material que trouxeron as familias, coma este xogo de memoria visual que trouxo o noso compañeiro Antón.



Xa achegados ás vacacións gozamos do espíritu do Nadal no Tren de Nadal de Marín.



E, por suposto, neste mes non faltaron as trasnadas do noso Elfo Elvis! Sorpresa e risas cada mañá!




Bo Nadal! 🎄✨








Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeiros días en 3 anos!

Propostas veraniegas en 4º EI