Xaneiro en 5° de EI
De volta ao cole, introducímonos na estación do inverno a través da arte e do grafismo, realizando unha paisaxe invernal con puntos controlados, liñas horizontais, verticais e cruzadas.
A arte tamén pode ser multisensorial, a través destas acuarelas de xeo.
Un punto moi importante na nosa dinámica escolar é o traballo da psicomotricidade fina, que nos prepara para a escritura e outras tarefas do día a día.
Espertando a parte do tacto e a noción do esquema corporal, elaboramos bonecos de neve con artoz, unha experiencia moi divertida!
Tamén incluimos o traballo con seriacións e introducímonos nas cantidades e nas sumas con materiais manipulativos e cos xogos de mesa.
A lectura é unha parte moi importante da nosa rutina diaria e semanal, así que visitamos a biblioteca do centro todas as semanas, adquirindo ademáis normas como estar en silencio e devolver os libros ao seu estante correspondente.
Para rematar este mes, no centro elaboramos para a conmemoración da Paz 🕊️ un mural con contos que traten valores relacionados coa paz; así que nós eliximos "Por cuatro esquinitas de nada", un conto precioso e sinxelo que trata a inclusión, o respecto e a solidariedade.
Quedounos precioso! 🤍✨


























Comentarios
Publicar un comentario