Febreiro e marzo en 5° de EI
Comezamos o mes de febreiro preparando con moita ilusión o Entroido, as frías cores do inverno deixan paso, por unhas semanas, á ledicia e ás cores vivas. Este curso, ademáis de achegarnos aos elementos máis característicos do Entroido de Galicia, coma os peliqueiros, elaboramos os nosos propios disfraces para o desfile do centro, centrados no conto dos Chibos Chibóns por elección de todos os nenos/as da clase. Por suposto, tamén gozamos dunha semana de adornos divertidos polo "Mandadiño".
Ademáis das festas e conmemoracións sinaladas, estes meses traballamos en profundidade a lectoescritura, centrándonos na conciencia fonolóxica e no trazado das letras e dos números.
Pero, sen dúbida, o que máis nos motivou estes meses foi o noso proxecto de aula "Os dinosaurios".
Este proxecto abarcou desde actividades manipulativas e artísticas, como a "excavación arqueolóxica de osos", a elaboración de fósiles, xogos de mesa, a elaboración do asteroide... como actividades de lectoescritura, matemáticas e xogo simbólico. A aprendizaxe sobre esta temática avanzou a unha velocidade alumeante grazas ao nivel de motivación do alumnado e implicación das familias.
Unha das actividades máis emocionantes para nós, foi a eclosión dos ovos de dinosaurio que trouxo o noso compañeiro Mauro, ata lles puxemos nome!
O broche final a este proxecto foi da man do noso compañeiro Antón, que nos trouxo un pterodáctilo a tamaño real que agora voa sobre as nosas cabezas na aula!
Agora "Tero" acompáñanos en todas as actividades rutinarias da aula, que, por ser diarias, non son menos importantes, coma xogar, manipular e convivir.
Neste último mes de marzo, que foi máis curto, vivimos unha nova experiencia na aula, a preparación dunha receita. Esta receita xurdiu coma un publicación no noso periódico de centro pola Semana da Prensa, que recollía aportacións baseadas nos contos que traballamos no 8M, no noso caso, Brancaneves. Así que démoslle unha reviravolta á mazá envelenada cunhas deliciosas e sas tortitas de mazá!
Finalizamos o mes con máis dozura coa chegada da Pascua...
E do sol! 🌞🥰


























Comentarios
Publicar un comentario