Taller de arte ao estilo Kandinsky 🎨✨
Os nenos e nenas de Educación Infantil convertéronse en auténticos artistas abstractos grazas a un taller moi especial baseado na obra de Kandinsky. Aproveitando o bo tempo, trasladamos a nosa aula de arte ao patio para encher de cor, formas e moita creatividade o noso día a día. O obxectivo desta actividade non foi só pintar, senón experimentar coas emocións a través da cor e a música, tal e como facía o propio pintor.