🍂 Un outono para sentir: A nosa aula sensorial colaborativa O outono non só se ve nas cores das árbores, ¡tamén se toca, se pescuda, se escoita e se sinte! Esta semana transformamos a nosa aula nun auténtico laboratorio da natureza a través do xogo sensorial . Grazas á fantástica colaboración das nosas familias , que nos axudaron a recoller tesouros do monte, deseñamos catro estacións de aprendizaxe onde os cativos exploran a estación máis máxica do ano coas súas propias mans. 🍂 1. Cubo Sensorial: O noso bosque inmersivo 🥄2.Estación de Trasvases: Coordinación e psicomotricidade fina 💡 3. Luces e Sombras: A maxia xeométrica das piñas ⚖️ 4. O Laboratorio de Medida: Pesamos os froitos do outono