Samaín na escola
Boa tarde! Hoxe celebramos o samaín na escola, pasámolo de medo!! Fixemos moitas fotos, bailamos cancións de samaín, escoitamos contos de medo a escuras… e tivemos unha merenda espectacular!! Tamén pintamos cabazas e fixemos unha con pasta de modelar (que levaremos a próxima semana a casa).
Antes de marchar, pasamos pola aula sensorial onde había un labirinto que tiñamos que atravesar para atopar as pantasmas que escondían ovos de chocolate.
Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos. Moitísimas grazas por facer posible a nosa merenda terrorífica, sodes uns/unhas artistas!!
Comentarios
Publicar un comentario