Recibimos a visita das nenas e nenos da EEI O grupo

 Boa tarde familias! Hoxe tivemos unha mañá moi especial, as nenas e nenos da EEI O grupo viñeron visitarnos. Ensinámoslles algúns espazos da escola, xogamos na aula sensorial, a profe Belén preparounos tamén uns xogos no pavillón chulísimos e os compis de 6º de primaria contáronnos un conto na biblioteca. 

E, por suposto… fixemos unha merendola con froita e galletas antes de marchar!! Que ben o pasamos!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana