Visitamos unha exposición de arte
Boa tarde familias!
Esta semana visitamos a exposición de arte “Vexo, vexo! Que ves?” en Pontevedra. Descubrimos varias obras e achegámos a arte a través delas. Despois, fixemos un pequeno obradoiro no que pintamos e debuxamos insectos e flores partindo dun dos cadros que observamos. Tamén puidemos xogar cuns robots moi chulos!
Por último, merendamos nun parque próximo e xogamos un pouco.
Apertas!
Comentarios
Publicar un comentario