Día Internacional Contra o Acoso Escolar

 Boa tarde!

Estas últimas semanas estivemos a traballar sobre o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Comezamos lendo o conto “Orellas de bolboreta”, reflexionamos sobre a importancia de tratar ben aos demais, o impacto que as palabras teñen sobre nós e sobre as persoas as que nos diriximos, que palabras nos gusta que nos digan e cales non.. e cambiamos as palabras feas que lle dicían a Mara (a protagonista do conto) por outras agradables e bonitas.

Despois, fixemos o noso papel plantable reciclando anacos que tiñamos gardados e engadimos sementes de distintas flores. Por último, cando secou escribimos esa palabra especial que nos gusta escoitar e dicirlle as persoas que queremos.

Agardamos que todas xerminen!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Nadal en infantil A🎄

Últimas semanas en infantil A

Saída á EEI “O Grupo” e radio escolar