Recollida solidaria para a protectora🐾

 Boa tarde familias!

Estes últimos días estivemos preparando un cartel entre todos os nenos e nenas da aula para a recollida solidaria que estamos a facer esta semana en favor da protectora “Os Palleiros”.

Primeiro escollimos a información que tiñamos que poñer, e despois de elaboralo saímos cos compañeiros e compañeiras de 4º a pegalos polas rúas de marín.

Despois, merendamos no parque e xogamos un pouquiño antes de volver á escola.

Aquí tedes algunhas imaxes, apertas!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana