Saída á EEI “O Grupo” e radio escolar

 Ola familias! 

Hoxe tivemos unha mañá intensa! Estivemos grabando o noso primeiro programa de radio escolar coas nenas e nenos de 4º de primaria. Fomos uns pouquiños, e a próxima semana continuaremos. Pronto poderedes escoitalo!!


Despois, puxemos rumbo á escola “O Grupo” e fixemos unha parada no parque para descansar e merendar. Unha vez no cole os compis Axel e Matilda representaron a obra “A qué sabe a lúa”. Fixérono fenomenal!! 

Os nenos e nenas de 6º curso tamén leron algúns contos moi chulos, e antes de marchar as e os compis do Grupo preparáronnos unha merenda de froita riquísima! Moitísimas grazas!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Nadal en infantil A🎄

Últimas semanas en infantil A

Semana de Entroido! 🎭(Inf A)