Outono en infantil A
Boa tarde familias!
Aquí vos deixamos unhas fotiños dalgunhas cousas que fixemos estas semanas: creamos follas con masa de modelar e aprendimos o nome deste material! (ao principio custounos un pouquiño e saíanos chamarlle “arcilla”, “ardilla”, “morcilla”… pero rápido aprendimos), debullamos millo e xogamos moito! Esta semana interesounos moito crear torres altísimas! E tamén nos divertimos cun xogo chulísimo que nos trouxo Lucía🧡
Comentarios
Publicar un comentario