Primeiros días de escola

 Bo día!

Na aula de infantil A, estivemos facendo moitas cousiñas estes días.

No primeiro día de escola fixemos moitos xogos no patio xunto cos demais nenos e nenas do cole: transportamos un ovo nunha culler tentando que non caera, camiñamos cos zancos, xogamos aos aros… 


Ademais este ano puxemos en marcha a entrada amable, onde as nenas e nenos ao chegar á aula poden escoller de entre as propostas diarias a que máis lle guste. Isto permite que estean máis relaxadas e relaxados e traballen distintos aspectos en base aos intereses ou necesidades persoais: debuxando, construído, trasvasando obxectos, xogando coas letras… aumentando os periodos de atención. 

Estreamos as nosas bandexas e tapetes coas propostas, que foron un éxito! 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana