Propostas da semana (infantil A)
Boa tarde familias!
Esta semana na aula de infantil A fixemos varias propostas de actividades: xogamos ao lince traballando a atención visual, na PDI a memoria auditiva, con tarxetas de palabras de outono compoñéndoas con letras móbiles… tamén visitamos a biblioteca de centro e limos contos na biblio da aula.
E hoxe empregamos as miniaturas das rutinas da aula (que utilizamos para pasar lista e saber quen é encargada ou encargado) xunto coas letras de madeira para facer un xogo: tiñamos que situar a cada compi ao lado da súa inicial, asociando o son co grafema.
Comentarios
Publicar un comentario