Obradoiros e sorpresas do noso elfo

 Boa tarde familias! 

A pasada semana con motivo da conmemoración do 25N desfrutamos dunha obra de teatro por parte do CIM, rimos moito e pasámolo xenial!

E durante esta semana realizamos un obradoiro sobre as enfermidades inflamatorias intestinais, descubrindo algúns órganos e as súas funcións así como a importancia dunha  alimentación saudable para o coidado do noso corpo.

Por outra banda, o noso elfo Noel xa fixo das súas na clase: vaciou os botes de ceras e tamén fixo unha fila cos nosos mandilóns! Tivemos que contar e clasificar as cores para poñelas no seu sitio, e buscar e poñer os mandilóns correctamente.

Ademais deixou as primeiras misións no calendario de advento: poñerlle un nome, ler un conto e darnos abrazos!! 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana