Boa tarde familias, Temos moito que ensinarvos destes días! No mes de xaneiro celebramos os aniversarios de Nicolás e mais Enzo, que cumpriron 5 anos. Querémosvos, compis!🧡 Tamén realizamos unha xornada de convivencia coas nenas e nenos da EEI O Grupo, e xogamos no patio, na aula sensorial e mais en psicomotricidade. Continuamos a investigar sobre o universo, en especial sobre a nosa galaxia. Limos contos e libros que trouxeron os compis, e no recanto de arte elaboramos as nosas galaxias ben coloridas. Na mesa sensorial buscamos os planetas do sistema solar e colocámolos por orde na plantilla. Tamén visitamos a aula sensorial, e xogamos coa luz no retroproxector con materiais translúcidos, buscamosas miniaturas das folerpas na mesa sensorial e fixemos parellas axudándonos coa lupa, e experimentamos coa cor empregando auga tinguida e escuma de afeitar. Que ben o pasamos! No día da paz, baixo o lema “Navegando pola paz” pegamos os nosos peixes nos que escribimos palabras que ...