Últimas semanas en infantil A

 Boa tarde familias,

Temos moito que ensinarvos destes días!

No mes de xaneiro celebramos os aniversarios de Nicolás e mais Enzo, que cumpriron 5 anos. Querémosvos, compis!🧡



Tamén realizamos unha xornada de convivencia coas nenas e nenos da EEI O Grupo, e xogamos no patio, na aula sensorial e mais en psicomotricidade.


Continuamos a investigar sobre o universo, en especial sobre a nosa galaxia. Limos contos e libros que trouxeron os compis, e no recanto de arte elaboramos as nosas galaxias ben coloridas. Na mesa sensorial buscamos os planetas do sistema solar e colocámolos por orde na plantilla.

Tamén visitamos a aula sensorial, e xogamos coa luz no retroproxector con materiais translúcidos, buscamosas miniaturas das  folerpas na mesa sensorial e fixemos parellas axudándonos coa lupa, e experimentamos coa cor empregando auga tinguida e escuma de afeitar. Que ben o pasamos!

No día da paz, baixo o lema “Navegando pola paz” pegamos os nosos peixes nos que escribimos palabras que axudan a construíla (“axudar”, “saber escoitar”…) no mural da escola. 

Ademais, realizamos un intercambio de puzles, polo Día do Crebacabezas. 

E hoxe tivemos a visita da profe Paula, coa que fixemos un obradoiro de peixes para empregar no Entroido. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Nadal en infantil A🎄