Semana de Entroido! 🎭(Inf A)

 Boa tarde, familias!

Esta semana pasámolo xenial realizando o “Lameiriño”. Viñemos en pixama coas nosas mellores galas, trouxemos zapatos diferentes, a roupa do revés…

O xoves levamos disfrace libre, e participamos no concurso da escola desfilando pola alfombra vermella!


E hoxe puxemos os nosos disfraces do río Lameira, xunto coa coroa, e desfilamos polo pavillón. Despois degustamos os postres de Entroido que as familias trouxestes e que estaban deliciosos!


Ademais, antes de rematar desvelamos quenes foron os gañadores e gañadoras do concurso de disfraces e repartimos os premios.

Moitísimos parabéns aos nosos compis Sabela, Axel e Aldán, e moitas grazas familias por participar.

Que teñades moi bo Entroido!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana