🚀Universo e aniversarios do mes (Inf A)

 Ola, familias! 

Estes días continuamos a investigar sobre o universo: o sistema solar, as constelacións, os movementos do noso planeta e as súas capas… 



Recreamos a terra con discos de algodón que pintamos de azul e verde empregando pipetas, consultamos libros que trouxeron os compis con moita información, descubrimos imaxes sobre o universo co proxector…



Realizamos un obradoiro de filloas para rematar o entroido 2024, coa profe Belén. Non quedou nin unha!!

Tamén lembramos a Rosalía de Castro no seu día, rememorando a súa vida e escribindo unha parte do seu poema “ Parece unha rosa”. Despois decoramos unha imaxe da escritora e decoramos o cabelo coa súa flor favorita: o pensamento.

Ademais festexamos o aniversario de Arya, que xa ten 5 anos!! Moitísimos parabéns, querémoste🧡



Comentarios

Entradas populares de este blog

Nadal en infantil A🎄

Últimas semanas en infantil A

Saída á EEI “O Grupo” e radio escolar