Boa tarde familias! Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas cousiñas que fixemos na escola: a saída no tren de nadal polas rúas de marín, a visita á biblioteca municipal para a videoconferencia con Papá Noel (onde lle fixemos preguntas e falamos un pouco con él)… Na aula sensorial pasámolo xenial: desfrutamos cos provocación de nadal xogando coa árbore e os adornos, nas mesas de luz colocando contas translúcidas nas plantillas, insertando contas de cores nos limpiapipas, nas mesas sensoriais clasificando pezas de madeira ou xogando e trasvasando… E tamén artisteamos moito cos retos que nos propuxo o elfo Noel!: decoramos galletas de xenxibre coas nosas caras, fixemos adornos de nadal con masa de modelar, postais para as nenas e nenos da EEI O Grupo, puxemos as nosas fotos na porta tan chula que nos decorou a Anpa… e hoxe tomamos unha foto coa nosa árbore de nadal e o elfo para despedirnos del. Ah! E celebramos os aniversarios dos compis Yoel, Lola e Axel, que cumpliron 5 anos!! Moitímos
Boa tarde familias, Temos moito que ensinarvos destes días! No mes de xaneiro celebramos os aniversarios de Nicolás e mais Enzo, que cumpriron 5 anos. Querémosvos, compis!🧡 Tamén realizamos unha xornada de convivencia coas nenas e nenos da EEI O Grupo, e xogamos no patio, na aula sensorial e mais en psicomotricidade. Continuamos a investigar sobre o universo, en especial sobre a nosa galaxia. Limos contos e libros que trouxeron os compis, e no recanto de arte elaboramos as nosas galaxias ben coloridas. Na mesa sensorial buscamos os planetas do sistema solar e colocámolos por orde na plantilla. Tamén visitamos a aula sensorial, e xogamos coa luz no retroproxector con materiais translúcidos, buscamosas miniaturas das folerpas na mesa sensorial e fixemos parellas axudándonos coa lupa, e experimentamos coa cor empregando auga tinguida e escuma de afeitar. Que ben o pasamos! No día da paz, baixo o lema “Navegando pola paz” pegamos os nosos peixes nos que escribimos palabras que axudan a
Bo día, familias! O Venres visitamos Apípolis e pasámolo xenial! Fixemos dous grupos e fomos rotando polos distintos obradoiros. Aprendimos a facer galletas con mel, visitamos o apiario cos traxes de apicultores, descubrimos moitas curiosidades sobre as abellas e mesmo elaboramos as nosas velas!!
Comentarios
Publicar un comentario